A programación cultural de outono continúa este venres en Arzúa cunha sesión de cine
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo os diferentes actos da programación cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana outonais con actuacións de artes escénicas, cine e música para todos os públicos. A gran novidade da presente edición é a inclusión do Concello de Arzúa no Ciclo de Cine Galego Mestre Mateo que posibilita o visionado das curtas, documentais e películas finalistas na última edición dos premios.

Despois de levar a cabo varios pases para público escolar en horario lectivo e da proxección de Sirāt no pasado mes de outubro, a seguinte cita chega este venres, 13 de novembro, coa proxección de As liñas descontinuas.
PUBLICIDADE
Dirixida por Anxos Fazáns conta a historia de Bea, unha muller de 50 anos en proceso de divorcio e Denís un rapaz trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral, e como un suceso inesperado lévaos a coñecerse, un encontro que transformará para sempre a súa realidade. Este filme dura 90 minutos e está recomendado para maiores de 12 anos. Ademais conta coa presenza da actriz arzuá Lidia Veiga no reparto xunto con nomes como Mara Sánchez, Adam Prieto ou Mónica García.
PUBLICIDADE
A proxección terá lugar este venres na Casa de Correos ás 20:00 horas e para participar totalmente de balde hai que inscribirse previamente chamando ao 981500222 ou escribindo un correo a cultura@concellodearzua.com podendo reservar un máximo de catro prazas.









Comentarios