Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Touro acondiciona os centros sociais de Vilar, Prevediños, Loxo e Calvos

Laura Moure/Touro

O Concello de Touro está rehabilitando nas últimas semanas os centros sociais das parroquias de Vilar, Prevediños, Loxo e Calvos. Os traballos, que comenzaron ao final deste verán a nalgún caso aínda non remataron, pretenden poñer a punto estas instalacións de uso público para desfrute da veciñanza.


Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Silva & Pampín, con sede no concello de Touro. Os arranxos para poñer a punto os centros sociais destas catro parroquias melloraron os accesos e a habitabilidade nos interiores. Concretamente, no Centro Social de Vilar dotouse o edificio dun acceso a través dunha nova rampa e cambiouse a porta de entrada. Tamén foi pintado todo o interior e fíxose un baño novo.


No de Prevediños, no que agora está traballando a empresa adxudicataria, constrúense uns baños novos e a rampa de acceso para persoas con discapacidade xa está rematada.


Pola súa banda, o interior do centro social da parroquia de Loxo foi pintado na súa totalidade e reparouse unha parede lateral que filtraba humidades. Tamén está arranxado o falso teito e a cheminea, que filtraba humidades.


Por último, o centro social de Calvos, cuxo interior foi también pintado na súa totalidade, conta cun novo baño, a cociña tamén foi renovada e fíxose unha lareira.


Os centros sociais das parroquias de Touro son utilizados pola veciñanza para uso lúdico e cultural e tamén son empregados nas diferentes eleccións como colexio electoral de votación