top of page

Coros e grupos tradicionais do Pino e comarca únense no encontro ‘Voces para as Letras’

A cita contará coas agrupacións locais Coro de Arca, Gharatuxa e Reviravolta, xunto con formacións convidadas da contorna


Laura Moure/O Pino

O centro sociocultural Luis Seoane do Pino acollerá o sábado 24 de maio ás 20:00 horas o encontro musical Voces para as Letras, unha cita co talento local e comarcal que reunirá coros e grupos de música tradicional do Pino e arredores, con motivo da celebración das Letras Galegas. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

O encontro contará coas actuacións do Coro de Santa Eulalia de Arca —acompañado nesta ocasión pola Coral Polifónica de Senra (Oroso), baixo a dirección de Daniel Sánchez—, así como das agrupacións locais Gharatuxa e Reviravolta e das compostelás O noso son e Coro Castrosúa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta iniciativa destaca pola participación de músicos e agrupacións vencelladas á contorna, tanto do propio municipio como de concellos próximos, nun ambiente de colaboración e posta en valor da música coral e tradicional galega. O Concello do Pino colabora con este evento, que subliña o compromiso coa cultura e a lingua a través da música.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Outras actividades polas Letras Galegas

Ademais deste encontro musical, o departamento de Deportes do Concello organiza o sábado 17 de maio o programa O Pino móvese coas Letras Galegas, que inclúe a andaina Camiñando coa lingua, polo tramo do Camiño Francés que atravesa o municipio, e xogos

populares no pavillón de Reboredo.


Tamén o 17 de maio terá lugar o tradicional concerto das Letras Galegas a cargo da Banda

de Música de Arca, a partir das 19.00 horas no centro sociocultural Luis Seoane.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page