O Concello de Touro acollerá a XII Marcha BTT Río Ulla o 22 de marzo
- ecosdacomarca

- hace 38 minutos
- 1 Min. de lectura
As inscricións xa están abertas ata o 19 dese mes
Ecos da Comarca/Touro
O domingo 22 de marzo de 2026 celebrarase no Concello de Touro a XII Marcha BTT Río Ulla, unha cita xa consolidada no calendario deportivo galego e dirixida ás persoas afeccionadas ao ciclismo de montaña.

A proba desenvolverase en horario de 9:30 a 13:30 horas e ofrecerá dúas opcións de percorrido, adaptadas a distintos niveis de esixencia. A ruta curta contará con 33 quilómetros e un desnivel acumulado de 1.200 metros, mentres que a ruta longa terá 43 quilómetros e 1.500 metros de desnivel, ambas por paraxes naturais da contorna do río Ulla.
Publicidade
As inscricións están xa abertas ata o 19 de marzo de 2026, ou ata que se acade o número máximo de participantes, e deberán realizarse a través da web www.galitiming.com. O prezo da inscrición será de 12 euros ata o 28 de febreiro e de 15 euros a partir do 1 de marzo e ata o peche de inscricións.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A participación será gratuita para mozos e mozas de entre 14 e 17 anos, sempre que a súa inscrición vaia vinculada á dun participante maior de idade. Ademais, as persoas menores de 18 anos deberán presentar a correspondente autorización.








Comentarios