O Concello de Sobrado organiza unha programación especial de actividades infantís para este Nadal,
- Laura Moure

- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Hoxe, 9 de decembro, ábrese o prazo de inscrición
Laura Moure/Sobrado
O Concello de Sobrado organiza unha programación especial de actividades infantís para este Nadal, dirixidas a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Serán os días 22, 23, 29 e 30 de decembro en horario de 11:00 a 13:00 horas.

Publicidade
Actividades:
Taller de adornos de Nadal – 22 de decembro
Taller de postais aos Reis Magos – 23 de decembro
Taller de bolsas e caixas de regalo personalizadas – 29 de decembro
Taller de xoguetes – 30 de decembro
Publicidade
As inscricións abriranse hoxe, martes 9 de decembro de 2025. As prazas cubriranse por rigorosa orde de anotación, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Sobrado. Prazas limitadas: 12 participantes por taller. "Agardamos por vós para desfrutar dun Nadal cheo de creación, diversión e maxia!", sinala o Concello.








Comentarios