top of page

O Concello de Sobrado lamenta un botellón que se fixo este sábado durante a celebración das festas

Provocou unha gran cantidade de lixo no chan e danos no mobiliario urbano


Laura Moure/Sobrado dos Monxes

Esta fin de semana celebráronse as festas na honra da Virxe das Dores na localidade de Sobrado dos Monxes. E durante a celebración tivo lugar un botellón nun dos parques, algo que lamenta o Concello.


"Desgraciadamente o sábado pola noite organizouse un botellón nun dos parques do municipio, deixando estas imaxes. Unha gran cantidade de lixo no chan, así como varios danos no mobiliario urbano. Dende o Concello de Sobrado rexeitamos e condenamos este tipo de comportamentos, que non se deberían repetir. Tamén queremos apelar á responsabilidade de cada un, xa que é labor de todos e todas coidar o noso concello", recalca o goberno local.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page