O Concello de Silleda, xunto cun grupo de inversores privados, promove o inicio dun proxecto de central leiteira galega
- Laura Moure
- 11 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Os terreos, propiedade do Concello, onde se instalaría a Central Leiteira Deza Tabeirós están ubicados moi preto do acceso á autopista e da N-525
Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda e un grupo de inversores privados promoven o inicio dun proxecto para a creación da Central Leiteira Deza Tabeirós, que transformaría o leite para elaborar
produtos coma iogures, manteigas ou queixos. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña; o concelleiro de Obras, Antonio Losada; e os representantes dos inversores visitaron este martes as propiedades onde se instalaría esta central leiteira.
Publicidade
Os terreos, que son propiedade municipal dende 2014, ocupan unha superficie aproximada de 30.000m 2 e son idóneos pola súa ubicación xeográfica, xa que están situados a 1km do acceso á autopista e tamén preto da N-525.
Publicidade
Está previsto que nos próximos meses se redacte o proxecto para levar a cabo esta iniciativa empresarial, a cal beneficiaría a economía de Silleda e doutras zonas da comarca do Deza.
Publicidade
Deste xeito, o Concello segue apostando polo sector primario, en especial pola gandería, xa que avanza un paso máis cara a transformación do leite procedente de explotacións gandeiras silledenses.
Comentarios