top of page

O Concello de Silleda selecciona personal docente para o programa Deza Circular

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A convocatoria foi publicada este mércores no BOP e as bases están dispoñibles no taboleiro da Sede Electrónica e na páxina web


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de convocar a selección de personal para impartir a formación no programa Deza Circular, unha iniciativa para capacitar e orientar para ao emprego a persoas desempregadas no ámbito da economía forestal circular, cofinanciada pola Fundación Biodiversidade a través da liña de axudas do programa EmpleaVerde, co do Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico, e a cofinanciación do Fondo Social Europeo.


O anuncio da convocatoria foi publicado este mércores no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra, e as bases están dispoñibles no taboleiro da Sede Electrónica e tamén na web municipal. Nestas bases regulase o procedemento para contratar a dúas persoas como persoal laboral temporal, creándose unha bolsa de emprego da que formarán parte as persoas aspirantes que non sexan seleccionadas, a fin de cubrir futuras necesidades dentro do mesmo programa.

A través deste proceso búscase contratar a unha persoa como docente para impartir cursos de formación e outra persoa como educador/a ambiental, para impartir as prácticas da acción formativa “Deza Recupera”, no marco do mesmo proxecto.


Ademais dos distintos requisitos para cada un dos postos, e o sistema de selección, as bases establecen que as solicitudes deben presentarse nun prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación das bases no BOP.


Deza Circular, que conta co apoio do veciño municipio de Vila de Cruces, ten como obxectivo capacitar, orientar e insertar a persoas desempregadas en servizos innovadores do aproveitamento forestal. Así, realizaránse distintas accións destinadas a crear oportunidades no ámbito da economía forestal circular, así como no turismo sostible dos espazos naturais destas localidades.


O proxecto, cun orzamento de 78.336,20 euros, é un dos poucos que recibiu o visto bo da Fundación Biodiversidad (só se aprobaron 66 en toda España) , a través da liña de axudas do programa EmpleaVerde.


Inscrición do alumnado

Deza Circular consta de tres tipos de accións. Así, ademáis dunha acción formativa, realizaránse outras dúas centradas na innovación social. Poderán participar todas as persoas desempregadas de calquera idade e con calquera nivel formativo previo. A formación presencial en aproveitamentos forestais e o acondicionamiento de espazos verdes céntrase en ofrecer coñecementos-prácticos para o desemeño de perfís profesionais relacionados con actividades de conservación e mellora do monte e espazos verdes.


Así mesmo, a acción denominada Deza Recupera ofrecerá prácticas específicas orientadas á empregabilidade en conservación forestal e turismo sostible, a o tempo que se levarán a cabo accións de mellora e recuperación de espazos naturais protexidos pertencentes á Red Natura 2000 do Concello de Silleda , caso das Brañas de Xestoso ou o Sistema Fluvial Ulla-Deza, no que se inclúe o sendeiro do río Deza que comparten Silleda e Vila de Cruces.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

A acción Deza Orienta encargarase de acompañar e de orientar para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral das persoas formadas no programa , así como de fomentar o desenvolvemento de novas liñas de negocio sostibles en empresas da zona que faciliten a contratación das persoas formadas. As actividades vanse executar na súa maior parte de xeito presencial no municipio silledense, e parte das accións de orientación e capacitación para o emprego na modalidade on-line.


Todas as persoas en situación de desemprego que estén interesadas en participar, poden informarse no Concello de Silleda, ou chamando ao 986 580 000, a través da Concellerías de Medio Ambiente e Emprego, que dirixe Pili Peón. Tamén se realizan inscricións a través do banner da web municipal www.silleda.gal.


As sesións impartiránse a partir do vindeiro mes de xullo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page