top of page

O Concello de Silleda saca a licitación por case 229.000 euros a mellora de viarios en Breixa e Parada

A actuación permitirá renovar o firme e mellorar a drenaxe dos accesos a O Outeiro de Breixa e Portodabalde, Redemuíños e Souto Nogueira


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de sacar a licitación as obras de mellora de viarios municipais nas parroquias de Breixa e Parada, cun orzamento base de 228.717,52 euros, IVE incluído. A actuación tramítase mediante procedemento aberto simplificado e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 17 de agosto. O prazo previsto para a execución dos traballos é de dous meses.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O proxecto abrangue varios camiños municipais que discorren polos núcleos de Portodabalde, Redemuíños e Souto Nogueira, na parroquia de Parada, e O Outeiro, en Breixa. Estes viarios comunican os núcleos coa estrada autonómica PO-534 e coa estrada provincial EP-6506 e dan tamén servizo a explotacións gandeiras e a numerosas parcelas agrícolas e forestais.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As vías presentan actualmente un importante deterioro da capa de rodaxe, provocado polo uso continuado, polo incremento do tráfico de vehículos pesados vinculados á actividade agrogandeira e polos episodios de chuvia, xeadas e vento rexistrados durante o pasado inverno. Esta situación agravou especialmente os puntos nos que existen dificultades para a correcta evacuación da auga.


Os traballos incluirán a limpeza e preparación dos pavimentos actuais, o fresado dos encontros con outras estradas e a aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de cinco centímetros de espesor. Tamén se procederá á limpeza das cunetas existentes nos dous lados dos camiños e ao perfilado dos seus noiros para mellorar a drenaxe e a evacuación das augas pluviais.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A contratación contempla ademais como posibles melloras a instalación de nova sinalización horizontal e vertical e de elementos dobres para a suxeición dos contedores, cunha valoración conxunta de ata 14.010,23 euros.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Fernández lembra que o proxecto se impulsa ao abeiro do Plan Extraordinario Vía Depo da Deputación de Pontevedra, destinado á conservación, rehabilitación e mellora da rede viaria municipal.


"Seguimos avanzando na mellora das comunicacións no rural, atendendo actuacións necesarias e aproveitando os recursos doutras administracións para continuar renovando a extensa rede municipal de estradas de Silleda", conclúe a alcaldesa.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A alcaldesa, Paula Fernández, destaca que esta intervención "permitirá actuar en camiños fundamentais para a vida diaria da veciñanza e para o funcionamento das explotacións e da actividade agraria". "Falamos de vías que soportan tráfico de maquinaria, transporte de animais e subministracións, polo que renovar o firme e mellorar a drenaxe suporá un avance importante en seguridade e comodidade", sinala.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page