top of page

O Concello de Silleda reorganiza o tráfico na Avenida do Parque polo avance das obras

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda informa de que, con motivo do avance das obras de mellora integral da Avenida do Parque, dende luns será necesaria unha nova reorganización provisional do tráfico para poder executar os traballos previstos nesta fase da actuación.

En concreto, as restriccións afectarán sobre todo as zonas de estacionamento, polo que quedará prohibido o estacionamento en todo o tramo da Avenida do Parque, comprendido entre a rúa Xeral e a rúa Santa Olalla. Esta medida resulta imprescindible para realizar as tarefas de levantamento do aceras e fresado, previas á execución do novo firme.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Durante o desenvolvemento destes traballos manterase un carril de circulación aberto, garantindo así a continuidade do tráfico rodado e reducindo, na medida do posible, as afeccións á mobilidade na zona.


Como medida complementaria, o Concello procederá á reapertura provisional da rúa Santa Olalla, permitindo a circulación en sentido rúa María Colmeiro – Avenida do Parque, co obxectivo de facilitar os desprazamentos mentres duren as obras.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

En relación co servizo de taxi, as paradas manteranse, polo momento, na súa localización habitual, xa que nesta fase da obra non está previsto o seu levantamento nin modificación.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

"Desde o Concello de Silleda lamentamos as molestias que estes cambios poidan ocasionar á veciñanza, ao comercio e ás persoas usuarias da vía, e agradecemos a comprensión e colaboración cidadá durante a execución duns traballos necesarios para mellorar a seguridade viaria, a accesibilidade e a calidade urbana da Avenida do Parque".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page