top of page

O Concello de Silleda renova o firme da pista de Sachocos, en Negreiros

A actuación, con cargo ao remanente do Plan Concellos 2020, foi executada nos últimos días, cun investimento de 27.000 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de arranxar de forma integral a pista que da acceso ao lugar de Sachocos dende O Castro. O tramo, dende a PO-211 ata o lugar de Sachocos, pertencente á parroquia de Negreiros, foi aglomerado nos últimos días, cun proxecto que se materializou con cargo aos remanentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, correspondente ao ano 2020.

A empresa Taboada y Ramos presentou a mellor oferta a este procedemento, cun investimento de 27. 647 euros. Con esta actuación vense a dar tamén cumprimento a unha vella demanda veciñal, dado o importante deterioro que acusaba esta vía.

Deste xeito, a de Sachocos súmase a outras vías renovadas nos últimos meses dende o Concello de Silleda, que nos vindeiros días sacará a concurso por máis de 600.000 euros o arranxo integral doutra ducia de viais no rural con cargo ao Plan Concellos da anualidade 2021.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page