top of page

O Concello de Silleda rehabilitará a canle lavadoiro e pozo de Fontemaior, en Cortegada

22 oct 2023
1 min de lectura

Esta actuación suporá unha inversión de 9.579,57 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, ao abeiro da liña de subvencións da Deputación de Pontevedra para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural, arranxará o conxunto

formado pola canle, lavadoiro e pozo de Fontemaior, un conxunto ubicado no lugar do Barral, na parroquia de Cortegada. Esta actuación suporá unha inversión de 9.579,57 euros.

A proposta de mellora baséase na restauración, conservación, sinalización e instalación dun panel informativo sobre o lavadoiro e pozo de Fontemaior, bens inmobles de gran valor etnográficos. Tamén se inclúe o acondicionamento da mina onde nace a auga que discorrerá pola canle.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Antes de realizar os traballos de roza e limpeza, levarase a cabo a diagnose do estado destes bens e a recompilación de información. Á hora de limpar tratarase de intervir o mínimo posible para non danar o terreo e utilizar ferramentas e tratamentos adecuados ás necesidades do lugar. Durante a restauración buscase manter as características, estrutura e materiais que forman estes bens inmobles, respectando o máximo posible os elementos orixinais e a contorna.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ademais do lavadoiro e a canle, neste lugar atópase un pozo de pedra con singulares características que se limpará para amosar a súa estrutura. Con este proxecto de mellora, estes bens inmobles de Fontemaior quedan protexidos, ademais de dar a coñecer este patrimonio de gran valor cultural, histórico e etnográfico. As obras levaránse a cabo a través dun contrato menor que está en proceso de licitación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Con esta iniciativa continuamos recuperando elementos etnográficos de gran valor no noso rural”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page