O Concello de Silleda reforza a prevención con 22 quilómetros de limpeza de pistas forestais
- Laura Moure
- hace 1 día
- 2 Min. de lectura
Faino no marco do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a FEGAMP
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda avanza na súa estratexia de prevención fronte aos incendios forestais coa limpeza de 22 quilómetros de pistas de monte a cargo da empresa pública SEAGA, no marco do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a FEGAMP. A maquinaria traballa xa nos 12 quilómetros previstos para este ano 2025.
Os labores de limpeza e desbroce forestales comezaron nunha pista de Xindiriz de 1.5 km e continuarán por A Barcia (2.20 km), Fiestras (2,9 km), Paredes (1.2 km), Barreiro (1,10 km), Aira (1,90 km) e Santa Mariña (1.20 km), seguindo o calendario establecido.

A estas actuacións súmanse os 10 quilómetros correspondentes ao convenio de 2024, que SEAGA completou hai un par de meses nas pistas de Tixoa , Cardesín, A Calzada, Sante, Paredes, Xestoso, Xubín e Cardigonde.
Estas limpezas reforzan tamén o traballo do persoal municipal, que tamén está a acometer desbroces en pistas forestais e de ter totalmente rematada a limpeza das asfaltadas en todo o territorio co reforzo da maquinaria de verán en. Recordar tamen todas as limpezas que se fixeron durante os traballos da mancomunidade na primeira quenda e que supuxo a limpeza e preparación de mais de 10 km de pistas
En paralelo, o Concello lembra que o convenio con Xunta e Fegamp, inclúe tamén a xestión da biomasa nas faixas de protección de 50 metros arredor das vivendas e núcleos habitados.
APOIO AO XORNALISMO PALESTINO
A principios de ano remitíronse notificacións a todos os propietarios co prazo do 31 de maio para realizar as limpezas. A maior parte da veciñanza cumpriu con esta obriga, un esforzo que o Concello agradece expresamente “Agradecemos a quen si cumpriu coa súa obriga, porque a prevención é a mellor garantía fronte ao lume”, di a alcaldesa
Porén, aínda existen fincas particulares cuxos titulares non realizaron a limpeza. Nestes casos, o Concello anuncia que, en breve, será SEAGA quen inicie os traballos unha vez autorizadas as execucións subsidiarias. Así mesmo, lémbrase que quen non cumpra coa obriga de limpar as súas parcelas terá que asumir o custo da intervención de SEAGA e poderá ser sancionado economicamente.
Publicidade
Actuación da brigada contraincendios na comarca
A alcaldesa, Paula Fernández, lembra que o persoal contratado na brigada de incendios, que nas últimas tres semanas estivo a disposición do distrito para colaborar na extinción dos lumes que asolaron a comarca, retomou xa os traballos de prevención.
Así, nas últimas semanas a brigada de incendios silledense estivo presente na extinción de lumes en Dozón, Rodeiro, Agolada, A Estrada, Lalín e Forcarei, ademais de actuar tamén na parroquia silledense de Siador.
Actualmente estas brigadas están a limpar distintas zonas de titularidade municipal, como as áreas verdes do polígono industrial ou as contornas das depuradoras e depósitos de auga. Están a priorizarse aqueles espazos onde un incendio podería causar maiores danos. A brigada continuará traballando na limpeza doutras áreas incluídas no plan de actuación acordado coa Xunta de Galicia.
Comentarios