top of page

O Concello de Silleda realizará unha analítica das fontes públicas tras os últimos temporais

 Tamén está a realizar un inventario das vías municipais que sufriron graves danos por mor das fortes choivas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de iniciar esta semana unha analítica das fontes públicas do municipio co obxectivo de comprobar a súa aptitude para o consumo tras os temporais rexistrados nas últimas semanas. As intensas precipitacións e as enchentas provocaron que moitas das fontes brotasen novamente ou incrementasen o seu caudal, polo que desde o goberno municipal considérase necesario adiantar as revisións periódicas que se realizan anualmente para garantir a salubridade da auga.

Operarios municipais do servizo de augas veñen de iniciar xa este traballo, que consistirá na recollida de mostras nas distintas fontes públicas do termo municipal para a súa correspondente análise. Esta medida permitirá verificar que a auga cumpre cos parámetros sanitarios establecidos e asegurar que o seu consumo é seguro.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, explicou que “tras os episodios de choivas intensas das últimas semanas queremos actuar con prudencia e anticiparnos, revisando todas as fontes públicas do municipio para garantir que a auga é apta para o consumo”. Fernández engadiu que “aínda que estas revisións se realizan de maneira periódica, decidimos adiantalas debido ás condicións meteorolóxicas, priorizando sempre a saúde pública e a tranquilidade da veciñanza”.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde o Concello sublíñase que esta actuación responde a un criterio de prevención e responsabilidade, xa que as enchentas poden alterar as condicións naturais das captacións, especialmente nas fontes tradicionais. Unha vez dispoñibles os resultados das analíticas, informarase puntualmente á veciñanza no caso de que se detecte calquera incidencia.


Con esta iniciativa, o Concello de Silleda reforza o seu compromiso coa saúde pública e coa garantía da calidade das augas das fontes tradicionais do municipio.


Revisión de danos no viario

Por outra banda, o Concello de Silleda tamén está a realizar un inventario das vías municipais que sufriron graves danos por mor das fortes choivas e a presenza de acuíferos que brotaron tralas intensas precipitacións, a fin de remitir un informe para optar á convocatoria de axudas á reparación do Goberno central.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Así mesmo, o equipo de obras e servizos continúa a traballar en varias zonas afectadas polas enchentes, traballos que xa se iniciaron fai semanas en distintos puntos do municipio para aliviar a forte carga de escorrentías. Así actuouse en localidades como Cortegada, Margaride, Lamela, Xestoso e Taboada.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page