O Concello de Silleda promociona a compostaxe na feira da Bandeira
- Laura Moure

- 15 sept 2022
- 2 Min. de lectura
Este mércores realizouse unha difusión do programa Compóstate ben, tamén coa reserva de composteiros, totalmente de balde, para a veciñanza de todo o municipio
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, aproveitando a celebración da Feira do 14 na Bandeira, difundiu este mércores nesta localidade o programa Compóstate ben, co reparto de composteiros de xeito totalmente gratuíto entre a veciñanza de todo o municipio. Con este programa repartiránse 150 composteiros domésticos entre a veciñanza interesada, totalmente de balde, co obxectivo de xestionar os restos de comida xerados no fogar o convertelos en compost. O alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Medio Ambiente, Pili Peón, tamén
participaron nesta xornada informativa, con personal técnico que informou ás persoas visitantes da feira sobre as vantaxes dos composteiros.

Estes puntos individualizados de reciclaxe poden ser solicitados no Concello a través do teléfono 986 180 239 ou mandando un correo soledad.rey@silleda.gal, e non terán ningún tipo de custo para a cidadanía. Esta medida permitirá que, nos fogares que soliciten estos composteiros, se mellore a xestións dos residuos orgánicos, xa que poderán reciclar os restos de comida e restos vexetais de poda e de horta, todo elo sen que saian da casa aportando así numerosos beneficios dende o punto de vista ambiental, social e económico, xa que ao non ser necesario recollelo nin transportalo ata o punto de xestión, almacenalo e finalmente reciclalo, se aforran emisións de CO2 do transporte e tratamento e o propio custo de xestionalo.
Por outro lado, o participantes no programa obterán como produto final un fertilizante natural de excelente calidade con propiedades que melloran o solo e evitando a compra e uso doutros produtos químicos. Así, os fogares que soliciten para uso individual estos contenedores poderán botar restos da cociña como froitas e verduras, carne e peixe,
pan, legumes e cereais, ovos e cunchas de moluscos, froitos secos, pousos de café e infusións, panos e papel de cociña sen tinturas. Tamén se poden botar restos do xardín e horta como follas, flores, raíces e restos das colleitas, herba e palla, restos de poda triturados, cinza e serraduras de madeira sen aditivos, papel e cartón.
O Concello agradece a colaboración da cidadanía neste programa xa que os residuos orgánicos poden ser un grave problema medioambiental se non se xestionan correctamente. Por isto, baixo o slogan Dalle unha nova vida ao lixo. Compóstate ben preténdese concienciar á poboación da importancia de xestionar os restos orgánicos para valorizar e obter un fertilizante natural de calidade, recomendando a veciñanza de Silleda que depositen os restos orgánicos xerados no seu fogar nos composteiros domésticos e que só depositen no colector verde a fracción resto.
Nos vindeiros días realizarase unha reunión informativa así como a entrega do material.







Comentarios