top of page

O Concello de Silleda pon en marcha unha campaña contra o acoso escolar

Laura Moure/Silleda


Con motivo da celebración o vindeiro martes día 2 de maio do Día Mundial contra o Acoso Escolar, o Concello de Silleda a través do departamento de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, vén de activar unha campaña para visibilizar unha problemática cada día máis

común na sociedade. “O acoso escolar, con consecuencias nefastas para as persoas que o sofren, debe ser abordado dende un punto de vista global, no que se implique o ámbito educativo, familiar e comunitario en xeral”, indica a concelleira.


Deste xeito, e baixo o lema E ti de que lado estás…? Ante o acoso, non cales’ , dende o Concello de Silleda búscase que a mensaxe chegue ao alumnado silledense, apelando á prevención da violencia, e fomentando o debate sobre esta lacra social contra a que todos e todas debemos loitar.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Dende o departamento xa se remitiron cartaces aos centros educativos e nos vindeiros días repartiranse chapas conmemorativas entre o alumnado de Infantil e Primaria. Así mesmo, agradécese a colaboración dos centros e de toda a comunidade escolar nesta iniciativa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page