top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Silleda pinta frases pola igualdade en distintos puntos das vilas

Citas de Rosalía de Castro, Simone de Beauvoir, Virginia Woolf ou Concepción Arenal locen xa no entorno de centros educativos e noutras ubicacións, para conmemorar o 8-M


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través do departamento de Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño, vén de pintar distintas frases célebres de mulleres, para conmemorar mañá o Día Internacional da Muller, en varios puntos das dúas vilas, centrándose todo no entorno de centros educativos. En total píntanse 7 muros, 5 deles nos centros educativos do municipio

(Escola Infantil A Galiña Azul, CEIP Plurilíngüe de Silleda, CEIP Ramón de Valenzuela, IES Pintor Colmeiro e CPR María Inmaculada) así como outro preto do auditorio Manuel Dopazo e un no Centro Social de Silleda.

Frases de Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Virginia Woolf, Angela Davis, Rosa Luxemburgo, Simone de Beauvoir e Monique Witting, locen xa nestes espazos, noutra iniciativa de divulgación en favor da igualdade entre homes e mulleres.


Ademais, e para celebrar o 8-M, dende o departamento de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM) organizouse un concerto para este venres día 10 no Salón Parroquial de Santa Eulalia, con música clásica á luz das candeas, no que participarán mulleres músicas queforman parte da Banda de Música Municipal de Silleda. Baixo o lema Máis violeta: elas, son de luz participarán no recital Isabel Díaz Castro e e Alba Fernández Blanco (dúo de frautas); Berta Cives Rozados e Antía Rodríguez Espiño (dúo saxofóns) ; e Paula Suárez Basalo ao piano. A cita, con entrada libre será ás 20:45 horas.


Inscricións para a ruta Mulleres Extramuros

E este sábado día 11 , ás 12:00 horas está programada unha ruta pola parroquia de Cortegada, guiada por Xoana Almar (Cestola na cachola), artista que coordinou o proxecto “Mulleres Extramuros”, da Deputación de Pontevedra. Haberá un percorrido explicando as 7 intervencións artísticas realizadas por mulleres artistas con grande proxección : Lula

Goce, Tamara Alves, Virginia Bersabé, Basilisa Fiestras, Laura Iturralde, Vanessa Morais e Xoana Almar.


O roteiro, para visitar os traballos que poñen en valor a figura da muller no entorno rural, comezará ás 12:00 horas partindo dende o centro social da localidade. Para asistir é preciso anotarse no departamento de Igualdade, chamando ao 986 592 037.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ao remate do roteiro repartirase material promocional do programa de Igualdade Máis Violeta entre as persoas asistentes, un material que tamén se difundirá hoxe no Centro Cultural Vista Alegre ca inauguración da mostra “Verbas de paleta”, da serie ela da artista e poeta Carmen Sampedro.


A igualdade continuará ao longo do mes de marzo como un dos eixos transversais da programación cultural de Silleda, con actuacións como “Cómicas, habelas hailas” o vindeiro venres 17 (21:00 horas auditorio municipal Manuel Dopazo) na que estarán as recoñecidas monologuistas Jazmín Abuín, Arantxa Treus e Marta Doviro, ca presentación da actriz Bárbara Grandío. A entrada a este espectáculo, da Deputación de Pontevedra, é de balde.






0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page