top of page

O Concello de Silleda pinta as dependencias dos CEIP de Silleda e da Bandeira

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda a través da Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, está a pintar estos días as dependencias do CEIP Plurilingüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela, na Bandeira.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

No caso de Silleda, nesta primeira fase procederase ao pintado das aulas situadas na ala esquerda do edificio principal, nas dependencias que máis viñan acusando os efectos das humidades por causa da choiva. Estes traballos acométense aproveitando as vacacións de Nadal e toda vez que xa foron realizadas as obras na estrutura para evitar filtracións.Nunha segunda fase, procederase a pintar o resto do centro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

No CEIP Ramón de Valenzuela, os traballos de pintura afectarán ao pasillo da primeira planta do edificio.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

“Con esta actuación, o Concello continúa asumindo a parte de mantemento que lle corresponde nos centros, tal e como nos comprometemos no seu día, despois de que a Xunta realizase as obras de mellora”, explica a concelleira, Ángela Troitiño que visitou o centro de Silleda no que xa están as obras en marcha. 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page