top of page

O Concello de Silleda pecha a compra da vivenda situada na  Praza Juan Salgueiro da Bandeira

A familia propietaria e o goberno local acadaron o acordo despois de varios meses de trámites previos e tasacións


Laura Moure/Silleda

Despois de varios meses de xestións e valoracións técnicas, o Concello de Silleda acada un acordo coa familia propietaria da vivenda situada na praza Juan Salgueiro de Bandeira para a súa adquisición.


A vivenda que ten unha superficie construída de 172 m2 e unha parcela de 137,7 m2 ocupa unha zona central da praza e limita o espacio de xogos infantís, polo que a súa futura demolición “garante non só maior espacio público senón tamén maiores garantías de seguridade para os nosos nenos e nenas”.

Logo de que a propia familia manifestase a súa intención de vender a casa, o goberno municipal encargou as valoracións técnicas necesarias para facer unha correcta estimación do ben, determinándose unha cantidade similar á que a familia solicitaba. “É de agradecer a facilidade que nos deu a familia para chegar a este acordo que redunda no beneficio de toda a localidade”, dixo Manuel Cuiña


A partir de este momento, e co acordo económico conseguido, continuarase coa tramitación administrativa necesaria “xa está en marcha todo o proceso para obter o fin buscado con esta operación, demoler a vivenda que limita o crecemento da zona de xogos infantil e ademais obriga a manter a mesma na beira da única estrada transitable por

vehículos que quedará na zona logo das obras”.

Cabe recordar que toda esta zona está incluída no proxecto de Mellora da mobilidade peonil e Rexeneración Urbana no centro de Bandeira que abrangue un ámbito de actuación dunha superficie de 7.623,05 m2. e que conta cun orzamento final de 1.053.739,23 € (IVA incluído), para a que xa se dispón de financiación europea de 814.056,05. Neste momento estase esperando polas autorizacións sectoriais de patrimonio e Carreteras pola afección do Camiño de Santiago que discorre pola N525 estrada a que chega a actuación para poder iniciar as obras.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page