Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Silleda outorga 47 axudas directas a estudantes do municipio

Tamén se concederon axudas para libros e material escolar a outras seis familias e a concelleira de Educación destinou 20.000 euros a estas becas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de resolver a convocatoria de Axudas a universitarios/as, e estudantes de ciclos formativos durante o presente curso académico. Das 70 solicitudes presentadas este ano en total, 23 quedaron excluídas por non axustarse aos requisitos recollidos nas bases da convocatoria, outorgándose un total de 47 con diferentes contías en función dos tramos económicas, segundo a renta per cápita familiar.


Así, outórganse un total de 14 axudas por importe de 450 euros (cuantía máxima recollida nas bases); cinco axudas de 435 euros; outras seis por importe de 410 euros; oito axudas de 380 euros; seis de 360 euros; e outras oito por importe de 325 euros. O total destinado a estas becas ao estudo é de 18.735 euros. As persoas beneficiarias recibirán as cantidades con ingresos directos na conta.

Por outra banda, dende a Concellería de Educación, que dirixe Ánxela Troitiño, tamén se veñen de aprobar as axudas para mercar libros e material escolar destinadas a familias que precisan dunha protección especial ou con todos os seus membros en situación de desemprego.


No caso destas axudas, outorgáronse un total de seis (quedaron fora dúas solicitudes por non cumprir os requisitos), cun total de 11 nenos e nenas beneficiarios. O importe neste caso ascende a 1.206,48 euros.


Así, en total, o Concello de Silleda, a través da Concellería de Educación, vén de outorgar preto de 20.000 euros a estas becas, continuando co apoio ao estudo dos últimos anos. O listado de persoas beneficiarias pode consultarse na web municipal e tamén no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Silleda.