top of page

O Concello de Silleda organiza un curso de defensa persoal feminina o 10 de xaneiro

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 8 de xaneiro, incluído


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través da área de Igualdade, organiza un curso de defensa persoal feminina que se celebrará o vindeiro 10 de xaneiro no Centro Social de Maiores, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Esta formación combina contidos teóricos e prácticos, cun enfoque dinámico e participativo, co obxectivo de dotar ás mulleres de ferramentas útiles para aumentar a súa seguridade persoal en situacións de risco. Durante o curso

traballaranse aspectos psicolóxicos relacionados tanto coa vítima como co agresor, así como nocións básicas do Código Penal.

A parte práctica centrarase no desenvolvemento das cinco claves do programa: respiración, observación, valoración, estratexia e técnica, así como na prevención de situacións de risco para evitar confrontacións físicas. No caso de que estas non poidan evitarse, as participantes aprenderán diferentes técnicas de defensa ante posibles agresións, como ataques ou agarres, incluíndo situacións con arma branca.


A finalidade desta acción formativa é que as mulleres conten con recursos e coñecementos suficientes para sentirse máis seguras en distintos ámbitos da súa vida cotiá, reforzando a confianza persoal e a capacidade de resposta ante situacións de perigo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 8 de xaneiro, incluído, e poderá realizarse chamando ao 986 592 037 ou a través do correo electrónico cim@silleda.es.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o Concello de Silleda anímase ás mulleres interesadas a participar nesta actividade, que se enmarca nas accións municipais de promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page