top of page

O Concello de Silleda mellorará o equipamento técnico do auditorio municipal Manuel Dopazo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A proposta da entidade logrou unha subvención da Agadic, a través dos fondos Next Generation para instalar un sistema de proxección, e renovar iluminación e son


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda mellorará o equipamento do auditorio municipal Manuel Dopazo cun investimento de máis de 50.000 euros. A entidade concorreu o pasado mes de novembro á convocatoria da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a concesión de axudas á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos Fondos Next Generation EU cun proxecto para mellorar estas instalacións.

Foto de arquivo.

O Concello vén de recibir a concesión de dita axuda, por importe de 36.562,29 euros, que se complementará con fondos municipais ata os 52.231,84 euros do custe total do material e instalación do mesmo. O proxecto de mellora inclue a dotación dun proxector de alta definición con soporte de teito, así como unha pantalla, e melloras na iluminación. Deste xeito instalaranse luminarias LED para o escenario, conseguindo un maior aforro e calidade lumínica.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén se instalarán catro motores polipastos, mellorando a seguridade na estrutura da iluminación. Tamén se dotará a este centro dunha mesa de mezcla de sonido dixital ca que se mellorará a sonoridade deste equipamento cultural, moi utilizado por distintos colectivos.


Nos vindeiros días procederase a iniciar a tramitación para licitar este equipamento.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page