top of page

O Concello de Silleda liquidou o ano 2023 cun resultado orzamentario positivo de 1.602.715,75 €

Ao peche do exercicio, outras Administracións debían a Silleda 2.415.504 €, segundo se recolle na liquidación da que se dará conta no Pleno


Laura Moure/Silleda

O goberno de Silleda dará conta no vindeiro pleno da liquidación do exercicio de 2023, na que tal e como se reflicte no informe de Intervención, a pesar de que o importe das obrigas

recoñecidas supera o dos dereitos recoñecidos, o resultado axustado é positivo e ascende a un total de 1.602.715,75. Este dato positivo prodúcese a pesar do esforzo financeiro que fixo o Concello para abonar todas as obras executadas ao peche do ano 2023, sen que outras Administracións superiores ingresaran, tal e como se indica

no informe do interventor, 2.412.504,03 € correspondentes as subvencións para distintas actuacións. “Durante o ano pasado abonamos toda a Rúa Progreso, os asfaltados do rural, as obras da Casa do Concello e incluso adiantamos a cofinanciación das sendas de Toiriz que se están a executar agora, todo elo con recursos propios”, indica a alcaldesa, Paula

Fernández.


Este adianto de recursos ten provocado que a liquidación recolla un déficit de 1.777.048,39 simplemente en termos de contabilidade nacional e sen consecuencias, xa que a liquidación resulta positiva, grazas ao “músculo financeiro que o Concello foi capaz de crear nos últimos anos, e que permitiu que se puidera soportar esta inxusta situación na que as Administracións superiores afogan aos concellos que facemos as cousas ben e conseguimos subvencións” denuncia a alcaldesa.

Exemplo deste músculo financeiro é que , tal e como se reflicte no informe de Intervención, un total de 938.826,04 dos gastos se abonaron con excesos de financiación de anos anteriores, un dato que evidentemente fai minorar o remanente de tesoureira que o concello arrastraba nestes últimos ano. “Pero a pesar de todo elo, o remanente orzamentario continua sendo positivo e ascende a 71.002,20 € , unha cantidade que se

incrementará co ingreso anunciado polo ministerio de Transición Ecolóxica das obras da Rúa Progreso (612.802 euros) recuperando así unha parte moi importante da nosa bolsa de aforro”, di a alcaldesa e responsable municipal de Facenda.


Ademais, o informe de Intervención acredita que tiveron que facerse outros axustes nos gastos abonados no exercicio pero que non se puideron aplicar ao orzamento, e que corresponden a facturas do exercicio anterior e á liquidación da Escola Infantil A Galiña Azul, que ascende anualmente a preto de 70.000 euros. “As e os silledenses vémonos na obriga , ano tras ano, de abonarlle a Xunta de Galicia unha cantidade que eles estiman de maneira unilateral por ofrecer o servicio de gardería mentres anuncian en período electoral a gratuidade para as familias usuarias”, denuncia a alcaldesa que recorda que “non é mais que un suma e sigue co que pasa co SAF”. “A Xunta ten que desconxelar o Fondo de Compensación para os concellos e ingresar o que nos corresponde por exercer as súas competencias".


Crédito para salvar os impagos supraminicipais

Aínda que o Ministerio de Transición Ecolóxica remitiu xa resolución favorable para o pago das obras da rúa Progreso, esta cantidade non pode incorporarase a este orzamento xa que se trata de unha obra do ano 2022, e terá que incorporarse na súa totalidade ao remanente de 2024, que poderá ser usado no ano 2025. Ante esta situación, e a necesidade de dispoñer de parte de estes recursos para cofinanciar inversións neste ano, o goberno de Silleda anuncia que voltará a elevar a Pleno a posibilidade de acollerse a un

crédito a longo prazo, mecanismo financeiro que simplemente se usará para suplementar o capítulo de ingresos do ano 2024. “Non pedimos un crédito por que non teñamos cartos, o pedimos para poder incorporalos ao orzamento. Proba delo son os 810.798,48 euros que a liquidación recolle como fondos líquidos dispoñibles nos bancos”


Publicidade

Así pois, a nova proposta, que xa foi trasladada a Xunta de Voceiros o pasado martes, pasa por solicitar un préstamo exclusivamente por importe de 239.638 € correspondentes a cofinanciación da obra de rexeneración do centro da Bandeira. Debido á disconformidade da oposición coas obras dos Camiños Escolares Seguros, non se vai a incorporar neste expediente; iso si, a alcaldesa di que “seguiremos intentando que esta obra vaia adiante, a pesar desta paralización que non conseguimos entender. Esta obra que non queren executar, xa costou aos silledenses o importe de preparación do expediente de subvención e a redacción do proxecto. Non estou disposta a tirar esos cartos ao lixo nin a perder unha axuda europea”.


No caso de que este crédito non salga adiante, o goberno terá que imputar os 239.638 € das obras da Bandeira ao orzamento municipal actual minorando o mesmo, o que abrigará a facer reaxustes nas partidas de Obras e Cultura, e dificultará ademais a posibilidade de contratar a máis persoal para o SAF ou a cofinanciación de novas inversións. “Ata o momento fomos sempre capaces de ofrecer maiores servizos e facer obras sen necesidade de subas das taxas municipais ; tan só necesitamos que nos paguen o que se nos debe en tempo e forma ou que a oposición nos permita utilizar os instrumentos financeiros que temos ao alcance para suplir os impagos”, remarca.


Paula Fernández cuestiona as criticas dos grupos da oposición sobre que podería terse resolto esta situación coa aprobación do orzamento 2024, e recorda que os aumentos nos gastos en cuestións como o incremento salarial, a municipalización do SAF ou o aumento dos costes de electricidade e combustibles, así como a falta de pago doutras administracións para servicios que non son de competencia municipal “foron determinantes a hora non poder elaborar uns orzamentos no ano 2023 ao non poder equilibrar adecuadamente gastos e ingresos, situación que se mantén neste 2024”, engade.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page