top of page

O Concello de Silleda licita as obras de mellora integral das pistas de Refoxos e Manduas

O investimento acométese con cargo ao programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa arranxando a extensa rede viaria municipal cos fondos que lle corresponden do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra (antigo Plan Concellos). Así, nesta anualidade, destinaránse 350.000 euros ao arranxo de varios viais nas parroquias de Refoxos e San Tirso de Manduas. Esta actuación ven de licitarse, publicandose os pregos correspondentes na Plataforma de Contratación do Estado. O prezo de licitación é de 349.717,35 euros, sendo o prazo de presentación de ofertas de 26 días naturais. O prazo de execución dos traballos é de tres meses.

Na parroquia de San Paio de Refoxos, melloraranse os accesos a practicamente a totalidade dos núcleos, con actuacións en A Pallota, Xastres, O Outeiro, Cardesin, Lázara, A Calzada e O Couto. Algúns deles a mellora será con formigonado dos viais e noutros con asfaltado en quente, incluindo varios tramos do vial principal que vertebra esta localidade.


O proxecto inclue tamén a actuación na pista entre A Moa e Quintela con actuacións a maiores en todos os viais adxacentes.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Con este programa continuamos a liña de traballo dos últimos anos, aglomerando en quente os accesos principais e mellorando cunha dotación de maior durabilidade a nosa rede viaria”, explica a alcaldesa, Paula Fernández, lembrando que o pasado ano se acometeu en Silleda o maior investimento en pistas municipais, con actuacións por valor de máis de 1,2 millóns de euros.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page