Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda lamenta a decisión do Hotel Exe Via Argentum de non permitir o uso da zona de spa nos vindeiros meses. Esta decisión implica a suspensión das clases de natación (que estaba previsto comezar esta mesma semana) e das de aquagym que arrancaron xa en outubro, incluso con lista de agarda ante a alta demanda da veciñanza.

Dende o Concello de Silleda mantivose un encontro a pasada semana con responsables da cadea hoteleira que xestiona o establecemento, nada máis coñecerse que os responsables do hotel ían a retroceder no acordo que tiñan ca empresa que se facía cargo do Spa Fervenza do Toxa, para abrilo independentemente do peche do hotel.
O goberno municipal, que tentou negociar ata o último momento, recibiu onte comunicación de que non se permitirá a apertura independente do spa nos vindeiros meses, unha decisión que afecta tamén a varios postos de traballo que se creaban con esta actividade.
Publicidade
Dende o executivo considérase unha mágoa que finalmente non se poida ofrecer este servizo, cuestión que por outro lado, anima ao goberno silledense a continuar traballando para a consecución dunha piscina climatizada, servizo do que pronto se coñecerán novos avances
Comentários