top of page

O Concello de Silleda intensifica os traballos de posta a punto en parques e espazos públicos

O novo equipo de Servizos Varios, reforzado co persoal do programa Máis

Provincia, actúa en distintas zonas do municipio


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de intensificar nos últimos días os traballos de mantemento e mellora en distintos parques e espazos públicos do municipio, a través do equipo de Servizos Varios recentemente reforzado coa incorporación de persoal do programa Liña 3 do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

Un dos puntos nos que se está a actuar é o parque e a praza Juan Salgueiro, en Silleda, onde se están a levar a cabo tarefas de limpeza e posta a punto deste entorno, no que se atopa un dos parques infantís máis concorridos da localidade. Nos vindeiros días acometeranse tamén traballos de lavado, pintura e outras actuacións de mantemento, co obxectivo de mellorar o estado xeral destas instalacións.


Así mesmo, o Concello está a intervir no parque municipal das Pedrosas, un espazo natural de preto de 13.000 metros cadrados de carballeira, moi utilizado pola veciñanza tanto para o lecer como para a práctica deportiva.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Neste recinto realizáronse xa nos últimos días diversas actuacións, como a renovación das redes das porterías e das canastras da cancha deportiva, así como pequenas reparacións en distintos elementos do parque. Ademais, está prevista para a vindeira semana a substitución dos bancos, entre outros traballos de mellora.


Dende o goberno municipal sublíñase a importancia destas actuacións de mantemento continuo, que permiten conservar en bo estado os espazos públicos e garantir o seu uso en condicións óptimas pola cidadanía.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Renovación do parque infantil da praza da Igrexa

Por outro lado, nas vindeiras semanas darán inicio os traballos de renovación do parque infantil da praza da Igrexa, un vez rematado o proceso de adxudicación que a día de hoxe continúa ca valoración das ofertas presentadas a esta obra, cun investimento de máis de 190.000 euros.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page