top of page

O Concello de Silleda instala unha caravana morada durante as Festas da Bandeira

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este punto informativo, con personal técnico especializado, forma parte da axuda a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xenero


Laura Moure/Silleda

A caravana morada volta á vila da Bandeira con motivo da celebración das Festas de Verán, da man da Concellería de Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño.



O vehículo estará ubicado na entrada da carballeira da vila na xornada de mañá xoves día 18 e o venres 19 dende as 21:00 horas. Na xornada do sábado, día da Festa da Empanada, a caravana estará xa aberta dende as 18:00 horas.


A caravana estará atendida por un equipo de persoas técnicas especializadas na prevención e orientación na loita contra a violencia de xénero. “O obxetivo é ,por unha parte, concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento comunitario das violencias, informando tamén sobre os recursos dispoñibles á cidadanía”, sinala a concelleira Ángela Troitiño.



Dende o departamento de Igualdade do Concello de Silleda dotarase a este vehículo informativo con  material de sensibilización a través da axuda do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero,  entre o que figuran tote bags, folletos informativos, chapas , pegatinas, servilletas, marcapáxinas, libretas etc....

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page