top of page

O Concello de Silleda iniciará nos vindeiros días o traslado da biblioteca á Casa da Xuventude

25 mar 2022
1 min de lectura

Estará na planta baixa, ás que tamén se trasladan algunhas das actividades que se veñen celebrando na Casa da Cultura, por mor das obras de dotación da nova Casa Consistorial


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda iniciará na vindeira semana o traslado da biblioteca municipal Daniel Castelao dende a súa ubicación actual ata a Casa da Xuventude, na rúa Trasdeza, onde xa estivoanteriormente este servizo. A biblioteca parasará a ocupar toda a primeira planta do edificio, contando con sala de estudo e sala infantil.

Así mesmo, na planta alta continuaránse a desenvolver algunhas das actividades que se veñen celebrando na Casa da Cultura de Silleda, como as clases de teatro, pintura e informática que organiza a ANPA Raparigos, ou as clases de castelán e galego do programa municipal Anduriña, entre outros.


Este cambio responde ao inminente inicio das obras de remodelación da Casa da Cultura, na rúa Progreso, para a súa adecuación a fin de centralizar neste recinto todas as dependencias municipais como nova Casa Consistorial.

O traslado da biblioteca, para maior seguridade e efectividade, foi contratado a unha empresa especializada, que se encargará da retirada e recolocación dos milleiros de volumes cos que conta o centro. O servizo estará pois inactivo durante varios días mentres se reubica o centro, agardando que se poida reabrir o antes posible, probablemente na primeira semana de abril.


Tamén por mor destes traballos estará restrinxida a zona de estacionamento na marxe contigua á Casa da Xuventude mentres duren os traballos do traslado da biblioteca.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page