O Concello de Silleda inicia o seguemento de composteiros no rural
- Laura Moure

- 15 jul 2025
- 2 min de lectura
Realízase a través da subvención por importe de 13.491 euros da Consellería do Medio Ambiente para reforzar a compostaxe individual
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de recibir unha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, para actuacións en materia de residuos de competencia municipal. A axuda, cofinanciada pola Unión Europea a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU), enmárcase no Plan de
Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O proxecto conta cun orzamento total de 14.990 euros, dos cales a Xunta subvenciona o 90 % (13.491 euros), mentres que o 10 % restante será achegado polo propio Concello de Silleda.
Publicidade
A empresa ANCARIA SL, adxudicataria do contrato, xa iniciou os traballos, que inclúen a edición e distribución de guías de compostaxe, visitas porta a porta de seguimento e comprobación do proceso de compostaxe individual, así como o acompañamento técnico á veciñanza e a elaboración dun informe final de avaliación co conxunto das actuacións desenvolvidas.
Nestes días está previsto o comezo dos contactos coas persoas usuarias dos composteiros, co obxectivo de comprobar a instalación e posta en marcha correcta dos equipamentos e ofrecer orientación sobre o proceso de compostaxe. O prazo de execución do proxecto é de tres meses.
Publicidade
Primeiras parroquias
As revisión iniciaránse esta semana nas parroquias de Ansemil, O Castro, Ponte, Vilar, Carboeiro e Breixa.
Con esta iniciativa, o Concello de Silleda continúa a apostar por un modelo de xestión de residuos máis sostible e eficiente, favorecendo a participación cidadá e impulsando a compostaxe doméstica como ferramenta clave na transición cara á economía circular.








Comentarios