top of page

O Concello de Silleda inicia a mellora do novo patio da escola infantil A Galiña Azul

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda iniciará hoxe, xoves 30 de xullo, as obras de mellora do patio exterior da Escola Infantil A Galiña Azul, unha actuación coa que se continuará acondicionando o espazo incorporado ao recinto educativo para ampliar a zona de xogos ao aire libre das nenas e nenos do centro. Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Celso Novo por un importe próximo aos 10.000 euros e contan cun prazo de execución dun mes.

A actuación permitirá renovar un total de 142 metros cadrados de superficie mediante a colocación de céspede artificial decorativo e antiestático, de 27 milímetros de espesor, un

material axeitado para espazos infantís pola súa resistencia, durabilidade e facilidade de

mantemento.


Antes da colocación do novo céspede será necesario actuar sobre unha superficie de 32 metros cadrados, na que se retirará o pavimento existente, se eliminarán dous tocóns e se

saneará o asfalto deteriorado. Estes traballos previos permitirán regularizar o terreo e garantir unha base firme, estable e segura para completar o acondicionamento do patio.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Nesta zona executarase tamén unha soleira de formigón, sobre a que se instalará un novo

pavimento de caucho para reforzar a seguridade da área destinada ao xogo infantil. A intervención incluirá, ademais, a plantación dunha árbore, coa finalidade de crear progresivamente unha nova zona de sombra natural e favorecer un uso máis agradable do

patio durante os meses de maior calor.


Esta intervención dá continuidade ao proceso promovido polo Concello para ampliar o patio da escola infantil mediante a incorporación dunha parte do recinto exterior do CEIP de Silleda que se atopaba sen uso.


A incorporación deste espazo foi posible tras as xestións realizadas polo Concello e a sinatura dun convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a Consellería de Educación e o Concello de Silleda, que permitiu destinar a parcela á ampliación da zona exterior da escola infantil.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O pasado ano, o Concello executou unha primeira intervención para delimitar e integrar o novo recinto no patio da escola, instalando unha varanda de cores que garante a seguridade das nenas e nenos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Agora, coa renovación dos pavimentos, a preparación do terreo e a plantación da nova árbore, completarase o acondicionamento deste espazo para o seu uso habitual por parte do alumnado. Con esta actuación, o Concello de Silleda continúa mellorando as instalacións destinadas á infancia e dando resposta ás necesidades do centro, apostando por espazos de xogo máis amplos, seguros, agradables e adaptados ás condicións climáticas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page