top of page

O Concello de Silleda informa sobre os campamentos Depo Aventura na Lanzada

Haberá varias quendas de 7 días entre xuño e setembro e o prazo para facer as

solicitudes remata o día 27 de febreiro


Laura Moure/Deza

O programa Depo Aventura de A Lanzada vén de abrir un ano máis a inscrición. Estes campamentos de verán están dirixidos a nenos e nenas empadroados na provincia de Pontevedra que naceran entre os anos 2010 e 2015 (ambos inclusive). As actividades

celebraránse entre o 25 de de xuño e o 9 de setembro, cun total de 11 quendas de 7 días cada unha.

O modelo de solicitude pode descargarse a través da web www.depo.es Dende o departamento de Cohesión Social da Deputación recomendase realizar a solicitude en liña para unha maior axilidade. Así mesmo, os veciños e veciñas de Silleda que queiran recibir máis información ou cumplimentar solicitudes poden achegarse departamento de Benestar

Social, onde tamén se facilitarán formularios para as inscricións. O prazo para anotarse remata o vindeiro 27 de febreiro.


Custo

A Deputación subvenciona polo procedemento xeral o 50% do custo da praza. As persoas instereadas deberán de abonar 110 euros por praza (o prezo inclue aloxamento e manutención, todas as actividades do campamento, seguro e excursións). Para menores de familias numerosas e monoparentais o prezo é de 80 euros. Tamén se subvencionará ao 100% a asistencia doutros nenos e nenas de familias con menos recursos para promover a súa inclusión social. Para Silleda ofértanse un total de 17 prazas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Este programa ofrece a posibilidade de que nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra do seu contorno habitual. Tamén se busca fomentar o contacto coa natureza, ensinar a ocupar o tempo libre dunha forma construtiva, desenvolver a sociabilidade, inculcar hábitos hixiénicos, alimentarios e de exercicio físico, ou fomentar o respecto polo medio e a conservación da natureza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page