top of page

O Concello de Silleda informa dunha praga de eirugas na zona de Ansemil-Martixe

A situación foi comunicada xa á instancias autonómicas para saber como actuar


Laura Moure/Silleda

ree

O Concello de Silleda vén de comunicar á Xunta de Galicia a aparición dunha praga de eirugas na zona de Ansemil-Martixe.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

A Policía Local acudiu nas últimas horas ata o lugar, alertados pola veciñanza, que corroborou a presenza de numerosos bechos desta especie en distintas vías, fincas e ao pé das vivendas.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta mesma mañá dende o Concello se comunicou a presenza desta especie, que ao parecer tamén está presente noutras zonas da Comunidade. O Concello de Silleda solicitou asesoramento técnico á Xunta para saber como actuar ou se se dispón dun servizo específico para atallar esta problemática, unha información que se espera obter nas próximas horas para poder dar unha resposta axeitada ante unha situación que nunca antes se producira no termo municipal.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page