O Concello de Silleda incorpora esta semana un novo axente de Policía Local
- Laura Moure

- 9 dic 2025
- 1 min de lectura
Manuel Garrido Fernández, a quen se lle adxudicou a praza tras superar a convocatoria a través da Agasp, tomará posesión como funcionario en prácticas
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda incorporará nosvindeiros días ao novo axente da Policía Local, logo de resolverse o proceso de adxudicación da praza por oposición libre. A persoa designada é Manuel Garrido Fernández, que tomará posesión esta semana como funcionario enprácticas do Concello de Silleda.A partir de ahí, o novo axente continuará a súa formación na Academia Galegade Seguridade Pública (AGASP) incorporándose despois ao seu posto no Concello de Silleda.

O pasado mes de maio, o Concello aprobou en Pleno o convenio entre oConcello de Silleda e a AGASP polo que se encomenda a esta entidade autonómica a realización dos procesos selectivos.
Publicidade
Esta praza de axente, por oposición libre, forma parte da Oferta Publica deEmprego (OPE) do Concello de Silleda para o ano 2025 xunto ca praza de oficial, que xa está tamén convocada (neste caso por oposición e co sistema de promoción interna) e que tamén se levará a cabo a través do convenio caAcademia Galega de Seguridade Pública.
Publicidade
Praza de oficial 3ª departamento de augas
Por outra banda, tamén no marco da OPE deste ano veñen de aprobarse enXunta de Goberno Local as bases para cubrir unha praza, como personal laboral fixo, de oficial 3ª do departamento municipal de augas. A convocatoria abrirase unha vez se publiquen as bases nos boletíns oficiais.








Comentarios