top of page

O Concello de Silleda felicita aos colectivos organizadores do Entroido no municipio

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A tradición dos xenerais na Bandeira e a estrea da figura dos Baldreus en Silleda congregaron a milleiros de persoas durante a fin de semana grande de celebracións


Laura Moure/Xeral

O Concello de Silleda felicita aos colectivos que veñen de promover e organizar as distintas celebracións do entroido no municipio.


Así, á multitudinaria cita do entroido o sábado na Bandeira, co tradicional Alto Infantil e Alto dos Xenerais, organizado pola Asociación Xenerais da Bandeira e ás primeiras batallas diálecticas do pasado día 11 en Lamela, da man da asociación Anxela, sumouse o grande éxito acadado polo Domingo de Baldreus, promovido por SIC Iniciativas Culturais, en colaboración ca Asociación Cultural O Lacón, Banda de Música Municipal, ECOS, a SD

Silleda e Anpa Raparigos.

“Despois de dous anos de pandemia o entroido rexurdiu con forza e éxitos no noso municipio, grazas ao traballo e ao esforzo destes colectivos que co apoio do Concello, conseguiron sorprendernos e facernos disfrutar nunha festa moi arraigada en toda Galicia”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.


Á tradición dos Xenerais, festa de Interese Turístico, que pervive a día de hoxe na Bandeira e na parroquia de Lamela, súmase agora a figura dos Baldreus en Silleda, que luciron acompañados do Demo de Carboeiro e Frei Lourenzo na cita dominical, tamén ca estrea do Vermú dos mandís. “Temos un tecido asociativo que é un dos nosos grandes tesouros, e que está detrás de éxitos como o que vivimos ao longo desta fin de semana”, indica Cuiña.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Festas infantis para rematar a programación

A programación do Entroido no municipio terá como protagonistas aos nenos e nenas, con senllas festas. A primeira delas será hoxe luns de entroido, ca xa tradicional celebración que organiza o Centro Cultural


Vista Alegre da Bandeira

E mañá martes, a partir das 17:00 horas terá lugar outra sesión infantil na praza Juan Salgueiro de Silleda.





0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page