top of page

O Concello de Silleda crea unha Oficina Municipal de Axudas a Vivenda

A partir do 19 de decembro poñerase en marcha esta iniciativa e o día 15 celebrarase unha xornada informativa


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, vén de crear un novo servicio de asesoramento e información a veciñanza. Neste caso a información será  sobre todas as axudas dispoñibles en materia de vivenda, entre as que destacan as incluídas polo goberno de España no marco do  Plan de Transformación, Recuperación e Resilencia  (Next Generation) así como do Plan Estatal de Vivienda 2022-2025, en liña co obxectivo común europeo de redución do consumo e demanda enerxética.


 “É  o momento de aproveitar as oportunidades que o Goberno estatal pon a nosa disposición cunha histórica cantidade de  fondos europeos destinados á  rehabilitación de vivendas para mellorar as nosas casas”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.


Así pois, a partir do 19 de decembro,  poñerase en marcha no departamento de Urbanismo, que dirixe Paula Fernández Pena, nas dependencias municipais da rúa Alfonso Trabazo,  unha  nova Oficina de Información de Axudas á Vivenda do Concello de Silleda, co obxectivo de  achegar toda a información necesaria para solicitar estas subvencións, que van  dende a mellora enerxética  e a accesibilidade das vivendas,  ata a  redacción de proxectos ou  a consecución de préstamos bancarios, así como diferentes beneficios fiscais.

Toda a veciñanza silledense poderá  optar a estas axudas, con independencia da parroquia na que está situada a vivenda ou o edificio plurifamiliar a rehabilitar, sempre que estas teñan un uso residencial. Non poden acceder as mesmas as edificacións que teñan uso  turístico.


Área do Camiño de Santiago

Así mesmo, tamén cabe  destacar  que poderán optar a  máis liñas de axudas  aquelas edificacións que estean incluídas na Área de Rehabilitación Integral do Camiño de Santiago, e que corresponden ás edificacións situadas nas Parroquias de Chapa, Cira, Dornelas, Lamela, Margaride, Manduas, Negreiros, Piñeiro, Rellas, Siador, Taboada e Silleda (esta última exclusivamente no trazado do Camiño)


Información sobre o bono alugueiro para a mocidade

Ademais, esta oficina municipal  tamén facilitará información para as persoas máis novas en relación ao Bono Alugueiro Mocidade, ou as axudas para a compra de vivenda para menores de 35 anos. “Sabemos das dificultades da nosa mocidade para independizarse e queremos axudalos a dar un primeiro paso ofrecendo 250 €/mes por aluguer durante dous anos, ou ata 10.800 euros para compra dunha primeira vivenda”, engade Cuiña.


Estas axudas tamén  inclúen tratamento especial para familias con menos recursos, persoas maiores de 65 años e con discapacidade nas obras de mellora de accesibilidade. “É importante preparar as nosas vivendas para unha necesidade sobrevida pola idade ou a saúde, e agora temos oportunidade de facelo a través destas axudas”, apunta o alcalde.

 

Cita previa e sesión informativa

A nova oficina de información as axudas en materia de vivenda estará situada nas dependencias de Urbanismo, na Rúa Alfonso Trabazo, 3 – entreplanta.  Aínda que a oficina empezará a funcionar o vindeiro 19 de decembro, para  garantir unha atención persoal áxil e evitar esperas,  pode solicitarse xa  cita previa no teléfono 986180233.

Ademais,  para ofrecer Información Xeral de todas as Axudas, o concello organizará unha primeira xornada informativana que se explicará de forma global todas as oportunidades que se prantexan. Esta xornada terá lugar o vindeiro día 15 deste mes ás 20:00 horas no salón parroquial de Silleda.

Tamén se colocarán bandos informativos e se editará material de divulgación sobre este novo servizo municipal.

CInformación destallada das axudas:

 En canto á relación de axudas dispoñibles destacan as existentes para mellora enerxética, accesibilidade, redacción de proxectos...  das que a continuación se ofrece información detallada:

-Para mellora de eficiencia enerxética:

-dende o 40 ao 100% do orzamento protexido para obras que reduzan un 30% o consumo de enerxía primaria.

-ata o 40% do orzamento e un máximo de 3.000 € en obras que reduzan a demanda enerxética nun 7%.

-De mellora de accesibilidade:

60% do orzamento e 12.500 €/máx

80% do orzamento e 15.000  €/18.000 € max para personas maiores de 65 anos ou con discapacidade

-Outras axudas:

redacción do libro do edificio_ ata 3.500 €

redacción de proxectos_ ata 30.000 €

prestamos bancarios_ entre 30.000 € persoais e 60.000 hipotecarios

bonificacións fiscais

-No caso das vivendas situadas en ARI

40% do orzamento protexido  e ata 12.000 € para eficiencia enerxética e de 8.000 € nas de conservación ou mellora da accesibilidade

75 % do orzamento protexido para as unidades de convivencia con ingresos de menos de 3 veces o IPREM, maiores de 65 anos e persoas con discapacidade

-Tamén dende o IGVS_

10% do orzamento e 4.000 euros máximos por vivenda

 

 

 

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page