top of page

O BNG esixirá no Parlamento de Galicia que Lalín conte con servizo de Pediatría polas tardes

Tamén pide garantir a atención das crianzas nos centros de saúde de Agolada, Rodeiro e Dozón e dotar a Silleda e As Cruces dunha nova praza desta especialidade


Ecos da Comarca/Deza

"Diante dun novo icumprimento e mentira do PP baseado en que o Centro de Saúde de lalín ía contar co servizo de Pediatría polas tardes, e unha vez denunciado hai uns días polo BNG local sen que o goberno local se pronunciara ao respecto", desde o BNG de Lalín informan que presentaron no Parlamento Galego unha batería de iniciativas para "esixir que se faga realiade esta reclamación histórica por parte da nosa organización política e pedir responsabilidades ao PP por facer unha promesa electoral que é evidente que, mais unha vez, supuxo un engano para a cidadanía do noso concello".


O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das deputadas Ariadna Fernández González e Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para debate na Comisión 5ª, sobre o servizo de pediatría nos concellos da comarca do Deza.

"Un dos alicerces chave para o BNG durante todos estes anos foi a defensa dunha sanidade pública e de calidade, onde a atención e benestar dos galegos/as sexan o centro das medidas a tomar por parte do goberno da Xunta de Galiza. Na comarca do Deza somos vítimas dunha man chea de recortes sistemáticos neste ámbito, o derradeiro deles, protagonizado polo servizo de pediatría en horario de tarde no centro de saúde de Lalín. Dito servizo foi prometido con grande propaganda xusto antes das eleccións municipais de 2023, en concreto tras unha reunión celebrada o día 6 de marzo do pasado ano entre o alcalde e a concelleira de Sanidade da vila, a xerente da Área Sanitaria de Santiago e o director de Atención Primaria, co anuncio de que dotaría dunha praza de nova creación de pediatría ao centro de saúde de Lalín, permitindo que o horario de atención ás crianzas se estendera ás tardes. No abril pasado asegurábase que o/a pediatra estaría desenvolvendo a súa actividade xa no verán do 2023, feito que evidentemente é falso, nova que se considera un agravio reiterado para a sanidade de Lalín e dos pais e nais de toda a comarca por extensión, onde un grande número de usuarios/as o solicitaban e farían uso del, lembrando que hai proxenitores que agardan ata oito días por unha cita de pediatría dos seus fillos/as".


A data de hoxe, sinala, "sabemos que a praza de pediatría convocada queda baleira por a

renuncia do titular que ía desenvolver este servizo, presumiblemente por as condicións laborais de total precariedade nas que a Xunta de Galiza ten sumidos aos profesionais sanitarios, sen preocupárense en absoluto de que o resultado destas políticas de recorte

sempre cae enriba dos doentes, últimos afectados, xogando coa saúde de veciños e veciñas, neste caso dos máis novos. Máis non é este o único feito indicativo do abandono que sufrimos na comarca de Deza, onde o servizo de pediatría é insuficiente e, nalgúns casos, inexistente. Agolada e Rodeiro, a pesares de que a páxina do SERGAS indica que gozan do servizo dun pediatra, carecen deste. Son atendidos durante 3 e 2 horas semanais, respectivamente, desprazándose a ditas vilas un pediatra do centro de saúde de Lalín, sempre que nel estean presentes os 3 pediatras que se atopan alí en horario de mañá".


Baixas ou vacacións

Deste xeito, subliña o BNG, "nos casos de baixas laborais ou vacacións, as vilas citadas quedan sen a visita semanal, para a cal se xuntan nenos e nenas coa intención de que se leven a cabo as revisións periódicas coa maior normalidade posible. Outro dos concellos afectados é Dozón onde, directamente, non existe servizo de pediatría, sendo atendidos de xeito rutineiro en Lalín. Estes feitos agravan máis aínda o caso da ausencia de pediatría polas tardes do centro de saúde lalinense, que atende a cotío ás crianzas de Agolada, Rodeiro e Dozón polas mañás e tería que atender a todos eles e aos de Silleda e As Cruces polas tardes, no caso de existir. Este servizo evitaría, en moitos casos, que pais e nais se visen obrigados polas circunstancias a desprazarse a Santiago, colapsando as urxencias do CHUS, xa de por si masificadas. Son case 4.000 os menores de 14 anos os afectados por os recortes na sanidade nos concellos de Lalín, Silleda, As Cruces, Rodeiro e Dozón, sen esquecer que se trata de concellos rurais, onde a chave da crise demográfica é que os servizos se igualen entre estes e os das grandes vilas e cidades a todos os niveis, incluíndo a sanidade, por suposto. Non esquecer que hai moitas aldeas situadas xa a máis de 20 quilómetros da capital do Deza, onde terían un servizo insuficiente (San Salvador de Camba, A Gouxa, Bidueiros...), co cal desprazarse a Santiago é incómodo por unha cuestión de tempo e de recursos, máis aínda no caso dunha urxencia".


Publicidade

Insiste en que "a situación que vive a xente da nosa comarca neste senso é inasumible e irresponsable por parte do goberno da Xunta, que olla cara outro lado sen dar solucións a un problema que ten como vítimas aos veciños e veciñas e á súa saúde, cunha falla total de empatía de quen nos goberna e esquecendo poñer aos doentes no centro, nin sendo estes crianzas".


Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición non de lei para o debate na Comisión 5ª:

“O Parlamento insta a Xunta de Galiza, coa maior premura posible, a adoptar as

seguintes medidas:

1. Poñer en marcha o servizo de pediatría en horario de tarde no centro de saúde

de Lalín, cubrindo a praza vacante coa maior celeridade posible.

2. Garantir a atención das crianzas no centro de saúde da súa vila no caso de

Agolada, Rodeiro e Dozón, sen que deban desprazarse para ser atendidos a Lalín de

xeito rutineiro.

3. Dotar coa maior premura posible a Silleda e As Cruces dunha nova praza de

pediatría.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page