top of page

O Concello de Silleda crea unha bolsa de emprego para auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar

Volta en outubro o programa Silleda Activa para os maiores


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda constituirá unha bolsa de traballo para auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Este proceso realízase despois de que o iniciado o pasado mes de xullo quedara deserto, ao non acadar as persoas aspirantes a puntuación mínima. As bases para dita constitución de dita bolsa foron aprobadas na última sesión da Xunta de

Goberno Local, e dende hoxe poden consultarse –xunto cos requisitos e procedemento a

seguir- tanto no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica como na web municipal.

O plazo para presentar solicitudes é de cinco días hábiles e extendarese dende o vindeiro luns día 19 ata o venres día 23. O obxecto desta bolsa de traballo é poder cubrir vacantes, baixas, vacacións, aumento de persoas usuarias ou calquera outra necesidade urxente que poida xurdir neste servizo municipal.


Ampliación da oferta

Por outra banda, o programa Silleda Activa, posto en marcha dende o departamento municipal de Benestar Social para as persoas maiores, volta a partir de outubro, ampliando a oferta que se reduciu en edicións anteriores por mor da pandemia. Así ofertaránse un total de cinco actividades, tanto para o fortalecemento físico como outras dirixidas a que as persoas se manteñan mentalmente activas.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais de ximnasia de mantemento, con sesións que se celebrarán os martes e xoves de 10:15 a 11:00 horas no Centro Social de Silleda (20 euros ao mes) e a exitosa actividade de Musicoterapia Xerontolóxica (gratuíta) , con sesións os luns e mercores en o martes e xoves na Bandeira, tamén se oferta Pilates. Esta actividade será os venres en Silleda

e os mércores na Bandeira (16 euros mes).


En canto aos obradoiros de carácter cognitivo, o programa Silleda Activa volverá a contar este ano ca actividade Divírtome co móbil, todos os xoves de 11.15 a 12:15 no Centro Social de Silleda e os venres de 10:15 a 11:15 horas no Centro Social dos Maiores da Bandeira.


A oferta completáse co obradoiro Actívate!, os martes de 11:15 a 12:15 en Silleda e os luns de 10:15 a 11:15 na Bandeira. O custe destes dous últimos é de 10 euros ao mes. Todas as persoas que desexen participar deben inscribirse no Centro Social de Silleda, onde se atopan as dependencias de Benestar Social, a partir do vindeiro luns día 19 , ou ben chamar ao 986 592 037.


Está previsto que todas estas actividades comecen no mes de outubro, sempre e cando conten co mínimo de persoas participantes. “Este ano recuperamos os obradoiros cognitivos que tanto éxito acadaron en anteriores edicións e que veñen a complementar as actividades para o mantemento físico das persoas maiores”, sinala a concelleira Ángela Troitiño.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page