top of page

O Concello de Silleda crea unha bolsa de emprego para auxiliares do SAF

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Tamén volta o Programa Anduriña cun curso de galego e español para a veciñanza inmigrante o vinveiro trimestre


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda constituirá unha nova bolsa de traballo para persoas que traballen como auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) . As bases para dita constitución de dita bolsa foron aprobadas na última sesión da Xunta de Goberno Local, e dende hoxe poden consultarse –xunto cos requisitos e procedemento a seguir- tanto no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica como na web municipal www.silleda.gal

O prazo para presentar solicitudes é de 5 días hábiles e extendarese dende o vindeiro luns día 13 ata o venres día 17. O obxecto desta bolsa de traballo é poder cubrir vacantes, baixas, vacacións, aumento de persoas usuarias ou calquera outra necesidade urxente que poida xurdir neste servizo municipal.


Por outra banda, o departamento de Benestar Social, que dirixe Ángela Troitiño, vén de programar unha nova edición do programa Anduriña, unha iniciativa de alfabetización e integración cultural para a poboación inmigrante que reside no Concello de Silleda. Así, dende ao longo dos vindeiros meses de abril, maio e xuño haberá cursos de galego e español que se impartirán, de xeito gratuito, na Casa da Xuventude.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

As sesións de lingua e cultura española serán os luns e mércores, con dous grupos (pola mañá e pola tarde, para facilitar a asistencia) en horario de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00 horas. As clases da aula de lingua galega terán lugar os martes e xoves de 10:00 a

12:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Ademais, o programa tamén continúa cas aulas infantís de galego, que actualmente contan con dous grupos os mércores pola tarde (de 17:15 a 18:15 e de 18:30 a 19:30 horas).


As inscricións deben realizarse nas dependencias municipais do Centro Social de Silleda, ou ben chamando ao 986 592 037.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page