O Concello de Silleda convoca a VI edición do certame #SilledaFaiNadal, con novas categorías
- Laura Moure

- hace 1 día
- 2 Min. de lectura
O prazo para participar está aberto ata o 24 de novembro
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través das Concellerías de Cultura e Promoción Económica, vén de convocar a sexta edición do certame #SilledaFaiNadal, un concurso de decoración con motivos navideños que cada ano contribúe a crear un ambiente festivo e participativo en todo o municipio. Nesta edición introdúcense novidades, tanto na estrutura como na distribución dos premios. Por primeira vez establécense subcategorías específicas dentro
das modalidades individual e colectiva, co obxectivo de recoñecer de xeito máis equilibrado o esforzo e a creatividade da veciñanza.

Así, na categoría individual distinguiránse as decoracións en balcóns e galerías de edificios ou, das vivendas unifamiliares (casas).
Na categoría colectiva, poderán presentarse comunidades de veciños, asociacións ou grupos, divididos nas subcategorías de prazas e espazos públicos e comunidades de edificios.
Os premios, que se manterán en forma de vales para consumir no comercio e hostalaría local, tamén se redistribúen para adaptarse ás novas modalidades, cun total de 12 galardóns que aumentan a contía global ata os 3.525 euros.
Publicidade
Na modalidade colectiva, poderán outorgarse ata 6 premios. Así na subcategoría de prazas e espazos públicos outorgaránse un primeiro de 800 euros, un segundo de 500 e un terceiro de 200. Para comunidades de edificios, os premios serán de 500, 300 e 150 euros.
Na categoría individual establecense para as casas un primeiro de 400 euros, un segundo de 200 e un terceiro de 100 euros. Para balcóns ou galerías en edificios, os premios serán de 200, 100 e 75 euros.
O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 24 de novembro de 2025, e as decoracións deberán permanecer visibles entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro de 2026.
Publicidade
Como en edicións anteriores, a valoración combinará a puntuación dun xurado e o voto popular nas redes sociais do Concello de Silleda, a través da súa páxina oficial de Facebook. Con esta nova edición, a sexta xa dende o inicio do certame, o Concello busca seguir impulsando a creatividade, a cooperación veciñal e o espírito do Nadal, ademais de poñer en valor o uso de materiais reciclados e sostibles, reforzando o compromiso ambiental e social da iniciativa.
As bases e o formulario de inscrición estarán dispoñibles na páxina web do Concello (www.silleda.gal ).








Comentarios