top of page

O Concello de Silleda continua ampliando en O Castro a rede de abastecemento municipal

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa avanzando na ampliación da rede municipal de abastecemento de auga. Despois das actuacións nas zonas de Transfontao e Ponte, deron comezo nestes días os traballos na parroquia de O Castro, para levar o servizo á zona do Regueiro, que ata agora non dispoñía da rede.

Ao igual que nas obras realizadas nas últimas semana, esta intervención está a ser executada con persoal municipal do servizo de Augas e a maquinaria municipal o que permite optimizar os recursos económicos, facendo posible que se poida estender o servizo a máis zonas do municipio.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“A utilización de medios propios permite non só reducir custos, senón tamén actuar con maior eficiencia e planificar intervencións en máis parroquias a curto prazo”, engade a alcaldesa e responsable de Obras e Servizos, Paula Fernández Pena.


Os traballos realizados ata o momento consitiron la apertura de gabias con cruces no viario municipal e a instalación da tubaxe necesaria para dar acceso do servicio ás viviendas desta parte da parroquia. Nos vindeiros días seguiranse sumando vivendas a demanda da veciñanza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Obras en Ponte

Na parroquia de Ponte, esta mesma semana executouse un “topo”, un paso subterráneo por debaixo da estrada autonómica entre Silleda e Vila de Cruces, para poder conectar a rede municipal co núcleo de vivendas da zona.


As primeiras casas xa están a recibir o servizo e nos vindeiros días continuará a actuación neste punto, co obxectivo de completar o abastecemento en todo o lugar O Espiño.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page