top of page

O Concello de Silleda concede 14 axudas adeportistas federados


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acaba de conceder 14 Subvencións a Deportistas Individuais Federados/as para a tempada 2023/2024. O número total de solicitudes presentadas foi de 14 e despois de que 11 delas tiveran que adxuntar máis documentación, a comisión de valoración deu por subsanadas todas as solicitudes.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Cunha dotación económica de 3.000 euros, as axudas van dos 144,4 euros ata os 358 euros e servirán para apoiar deportistas federados/as que compiten en diferentes disciplinas (natación, atletismo, ximnasia deportiva, loita, kung-fu, automovilismo-rally, esgrima ou pesca deportiva). As subvencións teñen que xustificarse antes do 31 de

decembro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A listaxe de persoas beneficiarias coa cantidade adxudicada a cada deportista poderase consultar na web do concello.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page