top of page

O Concello de Silleda apuntalará o muro oeste do claustro de Carboeiro ante o risco de derrubamento

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de ordenar o valado e o peche preventivo da zona oeste do claustro do Mosteiro de Carboeiro, tras constatarse un risco inminente de derrubamento do muro segundo o último informe técnico emitido polo arquitecto municipal. O documento indica que o muro presenta unha inclinación e un desprazamento estrutural cada vez máis acusado, e recomenda o apuntalado inmediato por ambas as caras, así como a delimitación dunha área de seguridade no acceso principal ao recinto visitable.


A alcaldesa, Paula Fernández Pena, sinala que o Concello “actuará con responsabilidade e coa máxima prudencia, para garantir a seguridade das persoas”, procedendo onte mesmo ao valado do perímetro afectado e á solicitude de orzamentos a empresas especializadas para o apuntalamento.

ree

Estas vallas serán retiradas en cando se execute o apuntalamento do muro, actuación para a que o Concello de Silleda xa solicitou orzamento.


Estas medidas de carácter preventivo obrigarán a restrinxir o acceso á zona do claustro e ás súas inmediacións, polo que se estudiará a necesidade de reubicar temporalmente a Oficina de Turismo Rías Baixas, situada no mesmo recinto. En todo caso, a igrexa e o resto do conxunto monumental poderán seguir visitándose con total seguridade mentras se manteñan estas medidas.


Unha demanda dende 2018

Fernández Pena lembra que o Concello leva dende o ano 2018 -como xa se fixo público en varias ocasións- trasladando á Administración autonómica a necesidade de acometer actuacións de conservación neste muro que rodea o claustro do mosteiro, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) de Galicia en 1931, á vista do seu progresivo deterioro. “Carboeiro é un símbolo de Galicia e un referente patrimonial que debemos coidar entre todas as administracións.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por iso, pedimos á Xunta a súa colaboración para garantir a conservación deste espazo único e seguir avanzando na execución do Plan Director do mosteiro”, apuntou.


O Concello notificou oficialmente á Consellería de Cultura, á Deputación de Pontevedra -que ten no mosteiro unha das oficinas da Rede Info Rías Baixas- e tamén ao Opispado de Lugo, como entidade propietaria do temlo, a adopción destas medidas de seguridade, que se executarán de forma inmediata co apoio da Policía Local e do persoal municipal, garantindo en todo momento a protección do público visitante e do monumento.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page