O Concello de Silleda apoia ás familias de nenos e nenas con necesidades específicas
Solicitaron un encontro ca Concellería de Educación e Benestar, de cara a poñer en marcha accións conxuntas
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través da Concellería de Benestar, Educación e Igualdade que dirixe Ángela Troitiño, poñerá en marcha accións para dar resposta ás familias de nenos e nenas con necesidades específicas.

Un grupo de nais solicitou en días pasados un encontro ca concelleira e ca educadora social do Concello, reunión na que se abordaron cuestións iniciais como a creación dun colectivo, que dé cobertura e tamén visibilidade a estas familias.
“Dende o Concello trataremos de dar resposta ás necesidades máis inmediatas destes nenos e nenas”, indica Ángela Troitiño, ao tempo que anima a outras familias a interesarse por estas iniciativas. “Cando unha familia recibe un diagnóstico, a maioría das veces non sabe a onde dirixirse, polo que dende o Concello de Silleda trataremos de informarlles sobre todos os recursos dispoñibles dependendo de cada caso”, indica Troitiño que durante o encontro recomendou ás familias a conveniencia de constituir un colectivo específico.








Comentarios