O Concello de Silleda agradece á Xunta a nova liña de transporte entre Silleda e Lalín
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda agradece á Xunta de Galicia que dera resposta, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, á petición para unha nova liña de transporte entre Silleda e Lalín, de luns a vernes, a primeira hora da maña. O servizo, que se poñerá en marcha este xoves entre Lamela e Lalín (7:30 horas), virá a solventar a falta de liñas para os silledenses que cursan estudos na capital do Deza, ademais de ofrecer un novo servizo a toda a veciñanza. Tamén se lembra a reivindicación do personal do Sergas, que solicita reaxustes ou máis liñas para poder cumplir cos turnos do CHUS.

O alcalde, Manuel Cuiña, amosou nunha misiva á Consellería o agradecemento en nome de toda a veciñanza por esta medida “que mellora e fomenta o transporte público colectivo“.
Na mesma medida, o Concello de Silleda trasladou a Mobilidade a petición do persoal do Sergas residente na comarca para reaxustar ou ampliar as liñas horarias entre Lalín e Santiago, “un servizo que vemos tamén moi axeitado e que axudaría a desconxestionar os problemas de estacionamento nos centros hospitalarios do CHUS podendo dar tamén servizo á veciñanza que acode ás consultas”, engade.








Comentarios