Esta dotación responde á solicitude dun grupo de veciños da localidade
afeccionados a este deporte
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda iniciou en días pasados o acondicionamento dunha zona de xogo para practicar petanca na praza Juan Salgueiro de Silleda. Esta dotación corresponde a unha petición dun grupo de veciños afeccionados a este deporte que se formulou hai uns meses.
O terreo corresponde á finca adquirida polo Concello de Silleda para a futura ampliación da citada praza. Mentres non se acometa este proxecto, a zona acollerá a práctica deste deporte. “Nos últimos meses un grupo de persoas xa estaban a xogar nesta zona, _onde no seu día houbo xa un campo de petanca- involucrando tamén a distintas xeracións de silledenses”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.
Nos vindeiros días rematarase a compactación do terreo, que logo se encargarán de marcar os propios afeccionados.
Comentarios