top of page

O Concello de Silleda acomete novas melloras no parque municipal das Pedrosas

Nos últimos días renováronse as redes e elementos da cancha multideporte e realizouse o lavado dos columpios


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa coas accións de mantemento e mellora dos espazos públicos municipais, desta volta con novas actuacións no parque municipal das Pedrosas, unha das principais zonas verdes e de lecer do casco urbano. Nos últimos días acometéronse distintos traballos nesta instalación, entre eles a renovación das redes e doutros elementos da cancha multideporte existente no recinto, co obxectivo de mellorar o seu uso e garantir unhas condicións máis axeitadas para a práctica deportiva e o xogo da rapazada.

Así mesmo, tamén se realizou o lavado dos columpios e doutros elementos da zona infantil, dentro das tarefas habituais de mantemento e posta a punto dos parques públicos municipais.


Dende o Concello avanzan ademais que nos vindeiros días está previsto continuar coas melloras neste espazo coa renovación de varios bancos, atendendo así á necesidade de conservar e facer máis cómodo o uso desta área de encontro e descanso para a veciñanza.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O parque municipal das Pedrosas constitúe un auténtico pulmón verde no centro de Silleda, cunha superficie de arredor de 13.000 metros cadrados de carballeira destinada ao uso e desfrute da cidadanía. Trátase dun espazo moi frecuentado por familias, persoas maiores, nenos e nenas e usuarios da zona deportiva.


A alcaldesa, Paula Fernández, destaca que “as Pedrosas son un espazo de referencia para a veciñanza, un lugar de encontro, xogo, deporte e descanso que debemos coidar e mellorar de maneira continua”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Fernández sinala que estas actuacións “forman parte do traballo diario de mantemento dos espazos públicos, con intervencións que ás veces son pequenas pero moi necesarias para garantir instalacións máis cómodas, seguras e agradables”.


A rexedora engade que o goberno municipal, que tamén ven de acometer melloras no parque da Praza Juan Salgueiro, seguirá actuando progresivamente nos parques e zonas verdes do municipio, “atendendo ás necesidades detectadas e ás achegas da propia veciñanza, porque estes espazos son fundamentais para a calidade de vida no día a día”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page