O Concello de Silleda abre o prazo para solicitar o programa 'Concilia Silleda' durante o vindeiro curso
- Laura Moure

- 27 jul
- 1 min de lectura
O servizo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no municipio
Laura Moure/Silleda
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar en Silleda Concilia, o programa municipal de conciliación familiar durante o curso escolar 2026-2027, impulsado pola Concellería de Educación que coordina Ángela Troitiño.

Dirixido a alumnado de 3 a 16 anos empadroado no municipio, o programa permite a
apertura dos centros escolares fóra do horario lectivo, ofrecendo actividades e atención
educativa.
As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00
horas, ou a través da sede electrónica municipal.
PUBLICIDADE
O programa funcionará de luns a venres de 15:00 a 21:00 horas. Ademais, os días non
lectivos (agás festivos) estará dispoñible de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Os formularios de inscrición están dispoñibles tanto no Rexistro como na páxina web do
Concello, a continuación desta publicación. A selección das persoas participantes realizarase segundo o regulamento vixente do programa.
Lémbrase que esta inscrición refírese unicamente ao curso escolar e non inclúe os
campamentos de Nadal e Verán, que se ofertarán noutras datas a través do mesmo
programa.
PUBLICIDADE
Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Silleda Concilia forma parte do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia, que promove a
igualdade e facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias galegas.








Comentarios