top of page

O Concello de Silleda abre o martes o prazo para o campamento de verán

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O servizo prestarase entre o 22 de xuño e ata víspera do inicio do novo curso en setembro, nos CEIP de Silleda e da Bandeira


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, abre este martes día 2 o prazo de inscrición para o campamento de verán, que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, entre o 22 de xuño e o 8 de setembro, véspera do inicio do próximo curso escolar.

As inscricións deben de realizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 9:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica, dende o martes e ata o 19 de de maio, como data límite.


Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no Concello de Silleda. A selección realizarase de acordo do regulamento do servizo, no que se prima, entre outros, as necesidades de conciliación das familias.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O horario do servizo será -de luns a venres- 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto ca folla de inscrición deberá de achegarse unha serie de documentación que estará dispoñible na web municipal (www.silleda.gal) nas próximas horas.


“Con este servizo continamos apostando por facilitar a conciliación das familias”, apunta a concelleira sobre esta iniciativa de verán incluida tamén no Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page