O Concello de Santiso reitera "a falta de atención médica" neste municipio
"Esta semana a situación empeorou posto que hai días que nin sequera dispoñemos de médico", asegura o Concello
Laura Moure/Santiso
O Concello de Santiso denuncia, unha vez máis, "a falta de atención médica" neste municipio. "A atención médica nos centros de saúde de Santiso está a ser deficiente nos últimos tempos, pero dende esta semana a situación empeorou, posto que hai días que nin sequera dispoñemos de médico", asegura o Concello.

Lamenta que a saúde dos veciños "vese afectada polas deficiencias do servizo, posto que a escasa atención que se está dando na actualidade non cubre as necesidades da nosa poboación".
Por todo isto, o goberno local de Santiso solicita á Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela "unha solución que corrixa a deficiencia o antes posible e que evite aumentar os riscos de saúde que esta situación conleva de estenderse por máis tempo".








Comentarios