top of page

O Concello de Santiso pon en marcha unha nova edición do seu Campamento de Nadal

hace 2 minutos
1 min de lectura

O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 4 de decembro


Laura Moure/Santiso

O Concello de Santiso pon en marcha unha nova edición do seu Campamento de Nadal, unha proposta de conciliación familiar dirixida aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos que se desenvolverá no antigo colexio de Visantoña.

A iniciativa terá lugar os días 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro e o 4 de xaneiro, en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.


Durante as xornadas, os participantes poderán desfrutar dunha programación variada que incluirá xogos, traballos manuais, actividades deportivas e actuacións de Nadal, cunha proposta pensada para favorecer a diversión, a creatividade e a convivencia dos máis pequenos durante as vacacións escolares.

 PUBLICIDADE

O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 4 de decembro. As familias interesadas en obter máis información poden chamar ao teléfono 981 818 501 ou consultar a páxina web municipal, www.santiso.gal.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Con esta iniciativa, o Concello de Santiso busca ofrecer unha alternativa de lecer para a infancia ao tempo que facilita a conciliación das familias durante o período de Nadal.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page